Karamchand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Karamchand (करमचंद) é unha serie de televisión india en hindi que emitiu a canle DD National, foi unha das primeiras series detectives feitas na India.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A serie comezou a emitirse en 1985 e rematou en 1988, dirixíaa Pankaj Parashar con Pankaj Kapur interpretando ao detective que daba nome á serie, Karamchand, o papel da súa asistenta Kitty facíao Sushmita Mukherjee. O coñecido dúo Anand-Milind compuxo a música da serie. A canle Sony Entertainment Television fixo unha versión da serie en 2007 mantendo ao protagonista Pankaj Kapur pero con Sucheta Khanna facendo de Kitty.

Notas[editar | editar a fonte]