Kamran Əliyev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kamran Əliyev
Kamran Aliyev.jpg
Nacemento18 de novembro de 1965
 Balakan
NacionalidadeUnión Soviética e Acerbaixán
Alma máterIrkutsk State University
Ocupaciónestadista e xurista
PremiosAzerbaijani Flag Order e For service to the Fatherland Order
editar datos en Wikidata ]

Kamran Bayram oğlu Əliyev, nado o 18 de novembro de 1965, é un fiscal acerbaixano que dende o 1 de maio de 2020 é fiscal xeral da República de Acerbaixán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na rexión Balaken [1], licenciouse na facultade de dereito da Universidade Estatal de Irkutsk en 1987 e pouco despois recibiu o nomeamento como investigador da fiscalía de transportes de Chita e máis tarde traballou como investigador xefe na Fiscalía de transportes de Transbaikal.

En 1990-1993 continuou a súa formación na escola de posgrao do Instituto de Investigacións Científicas da oficina da Fiscalía Xeral da URSS[2] e en 1993 leu a súa tese de doutoramento, tras o que marchou á súa república natal e, xa que logo, a depender do seu sistema xudicial.

Dende 2007 dirixe a dirección xeral anticorrupción da fiscalía acerbaixana, e en 2014 asumiu o posto de fiscal xeral adxunto [3] .

O 1 de maio de 2020 o presidente de Acerbaixán, İlham Əliyev asinou o decreto do seu nomeamento como fiscal xeral de Acerbaixán [4].

Notas[editar | editar a fonte]