Anwil Włocławek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «KK Włocławek»)
Anwil Włocławek
Información xeral
Liga PLK
Alcume Rottweilers
Fundación 1991
Historia Nobiles Włocławek (1991-1998)
Cores                Branco, azul, verde
Presidente Polonia Arkadiusz Lewandowski
Adestrador Croacia Igor Miličić
Patrocinador Anwil
Localización
Cidade Polonia Włocławek, Polonia
Pavillón Hala Mistrzów
Capacidade 4.200
Inauguración setembro de 2001
Campionatos
Liga 2 (2003, 2018)
Copa 3 (1995, 1996, 2007)
Supercopa 2 (2007, 2017)
wtkanwil.com.pl

O Klub Koszykówki Włocławek, coñecido por motivos de patrocinio como Anwil Włocławek, é un club profesional de baloncesto son sede na cidade polaca de Włocławek, Cuiavia-Pomerania. Fundado no ano 1991, actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima competición do baloncesto de Polonia. O club xoga os seus partidos como local no Hala Mistrzów, pavillón con capacidade para 4.200 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado no ano 1991 co nome de Provide Włocławek, comezando a xogar desde a segunda división polaca. Xa na súa primeira temporada o club logra o ascenso á Primeira División. Xa na Polska Liga Koszykówki, e coa denominación de Nobiles Włocławek, na súa primeira temporada na elite conseguen acabar na segunda posición final, despois de teren sido primeiros na temporada regular.[1] O seu único campionato de Liga chega en 2003, cando derrotan na final ao Asseco Prokom Gdynia por 4-2.

Nomes[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Provide Włocławek (1991−1992)
  • Nobiles Włocławek (1992−1998)
  • Anwil Włocławek (1998−presente)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

Liga de Polonia

  • Campións (2): 2003, 2018
  • Subcampións (8): 1993, 1994, 1999, 2000, 2001, 2005, 2006, 2010
  • Terceiro posto (2): 1995, 2009
  • Semifinais (5): 1996, 2002, 2004, 2007, 2013

Copa de Polonia

  • Campións (3): 1995, 1996, 2007
  • Subcampións (1): 2004

Supercopa de Polonia

  • Campións (2): 2007, 2017

Competicións europeas[editar | editar a fonte]

Copa Saporta

  • Semifinais (1): 2002
  • Cuartos de final (1): 2001

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "KK Włocławek Historia Klubu. Sezon 1991/1992 - 1992/1993". KK Włocławek (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 2 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]