K'an Mo' Hix
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Grupo étnico | Pobos maias |
| Relixión | Relixión maia |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sak K'uk' |
| Fillos | Aj Ne' Ohl Mat, K'inich Janaab' Pakal |
K'an Mo' Hix, que viviu contra o ano 612, foi un nobre da cidade-estado maia de Palenque.[1] Foi o marido de Sak K'uk', raíña de Palenque, e pai de K'inich Janaab' Pakal, que foi un dos meirandes gobernantes de Palenque e o responsable da construción ou extensión de arquitectura monumental e dalgunhas das inscricións máis notables.[2] É posible que tamén sexa o pai de Ajen Yohl Mat.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Skidmore, Joel (2010). The Rulers of Palenque (PDF) (5ª ed.). Mesoweb Publications. pp. 56–57. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Martin, Simon; Nikolai Grube (2008). Chronicle of the Maya Kings and Queens: Deciphering the Dynasties of the Ancient Maya (2nd ed.). Londres e Nova York: Thames & Hudson. pp. 162-165. ISBN 9780500287262. OCLC 191753193.