Saltar ao contido

Juvecaserta Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juvecaserta
Información xeral
Nome JuveCaserta Basket
Liga Sen inscrición
Fundación 1951
Historia S.C. Juventus Caserta (1951-1998)
Cores           Branco, negro
Presidente Italia Nicola D'Andrea
Adestrador Italia Massimiliano Oldoini
Patrocinador Decò
Localización
Cidade Italia Caserta, Italia
Pavillón PalaMaggiò
Capacidade 6 387
Inauguración 1993
Campionatos
Liga Italia 1 (1991)
Copa Italia 1 (1988)
scjuvecaserta.it

O Juvecaserta Basket é un club de baloncesto italiano da cidade de Caserta, Campania. Fundado no ano 1951, os seus maiores éxitos foron o título de Liga en 1991 e de Copa en 1998. Tras competir desde a temporada 2010−11 na máxima categoría do baloncesto italiano, en 2017 debido a problemas financeiros perden a categoría. Desde a temporada 2020−21 o equipo non está inscrito en ningunha competición. O Juvecaserta xoga os seus partidos como local no PalaMaggiò, pavillón con capacidade para 6 387 espectadores.

O club foi fundado en 1951 por un grupo de seguidores locais do baloncesto co nome de Sporting Club Juventus. O nome do equipo foi escollido por Santino Piccolo, fan do equipo de fútbol homólogo de Turín. O equipo botou a andar nas pistas de arxila do Liceo Classico Pietro Giannone. Os maiores éxitos do club chegan a partir da segunda metade da década de 1980. O primeiro éxito foi a participación na final de Liga da temporada 1985–86, onde perden por 2 partidos a 1 contra o Simac Milano. Volverían repetir final na temporada seguinte, volvendo perder de novo ante os de Milán. Porén, finalmente conseguirían alzarse co campionato na temporada 1990–91, tamén ante os Milano, sendo o primeiro equipo do sur de Italia en conseguir facerse co título. Antes, en 1988, xa conseguiran o seu primeiro título o gañar a Copa ante o Divarese Varese (113-100). A nivel europeo conseguen chegar eses anos á final da Copa Korać en 1986, onde perden ante o Banco di Roma Virtus (72-73), e á final da Copa Saporta de 1989, onde perden ante o Real Madrid (117-113). Na tempada 1997−98, o club declárase en bancarrota. En 2004, dous equipos da cidade de categorías inferiores uníronse baixo o nome Juvecaserta. Na temporada 2009−10 regresan á Serie A, onde permanecen até 2017, cando son descendidos á Serie D debido a problemas financeiros.

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]
  • Juventus Caserta (1975–76, 1978–79)
  • Il Diario Caserta (1979–80)
  • Latte Matese Caserta (1980–82)
  • Indesit Caserta (1982–85)
  • Mobilgirgi Caserta (1985–87)
  • Snaidero Caserta (1987–89)
  • Phonola Caserta (1989–93)
  • Onyx Caserta (1993–94)
  • Pepsi Caserta (2000–01)
  • Centro Energia Caserta (2001)
  • Ellebielle Caserta (2001–02)
  • Centro Energia Caserta (2002–03)
  • Pepsi Caserta (2003–08)
  • Eldo Caserta (2008–09)
  • Pepsi Caserta (2009–11)
  • Otto Caserta (2012)
  • Juve Caserta (2013)
  • Pasta Reggia Caserta (2013−2017)
  • Decò Caserta (2018−2021)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas

[editar | editar a fonte]
  • Liga de Italia
    • Campións (1): 1991
    • Subcampións (2): 1986, 1987
  • Copa de Italia
    • Campións (1): 1988
    • Subcampións (2): 1984, 1989

Competicións europeas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]