Julio Sanjurjo López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 A Coruña, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, fogueiro |
Julio Sanjurjo López, nado na Coruña cara a 1894, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fogueiro. Membro do SIP da Coruña. Foi procesado en maio de 1927 con Gumersindo Alonso Vale por coacción e roubo dunha embarcación.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa de Manuel Montes Don e logrou fuxir da Coruña nunha pequena embarcación a vela que chegou a Brest en setembro de 1937. Foi xulgado en Ferrol por traizón na causa pola fuxida do Conchita, e declarado en rebeldía.
Cando chegou a Barcelona enrolouse nun petroleiro da CAMPSA co que puido marchar cara ao porto de Marsella, despois de que as tropas franquistas entrasen na cidade. Rematada a guerra ficou en Marsella até mediados de 1941, que decidiu retornar á Coruña onde foi detido e procesado. Preso no cárcere da Coruña, saíu en liberdade provisional en abril de 1943.[2] En abril de 1938 Galicia Libre recolleu a nova do asasinato de Manuel Montes Don e o seu fillo Carlos Montes Babío nun artigo no que Julio Sanjurjo (que asinaba co pseudónimo Anatalio) lembraba os catorce meses de persecución constante nos que conviviu cos falecidos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi irmán de Santiago Sanjurjo López, asasinado en agosto de 1937. Casou con Josefa Rilo Pérez e foi pai de Josefa, Manuela, Julio e Fernando Sanjurjo Rilo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 4-5-1927, p. 2.
- ↑ BOE, 17-4-1943, p. 2441.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira, Dionisio (2011). Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (PDF). Vigo: Xerais. p. 311. ISBN 978-84-9914-182-4.