Saltar ao contido

Julio Cachafeiro Carballeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Cachafeiro Carballeira
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Meira, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Meira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Meira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata

Julio Cachafeiro Carballeira, nado en Meira cara a 1906 e finado no mesmo concello o 28 de novembro de 1966, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na República foi secretario accidental do xulgado de Meira. Foi secretario da Agrupación Municipal de Izquierda Republicana de Meira en 1934. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Meira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[1][2] No franquismo foi oficial do concello de Vilaoudriz,[3] e nos anos cincuenta xefe da Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos de Meira.[4][5] Finou en Meira o 28 de novembro de 1966 con 60 anos.[6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Meira leva o seu nome.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María del Carmen Lamas Amor e foi pai de Federico e María del Carmen Cachafeiro Lamas.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Meira
 
1936
Sucesor:
?
  1. Expediente de responsabilidade política nº 146/1941 de Ovidio López Rico; Manuel Doval Touzón e outros
  2. BOP Lugo, 26-11-1942, p. 2.
  3. El Progreso, 1-1-1938, p. 2.
  4. BOP Lugo, 1-3-1958, p. 4.
  5. BOP Lugo, 25-2-1960, p. 2.
  6. Necrolóxica en El Progreso, 29-11-1966, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]