Marina Baura
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Julia Pérez 1 de novembro de 1941 (82 anos) Vilameá de Ramirás, España |
Datos persoais | |
Residencia | Caracas |
País de nacionalidade | España Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión |
Período de actividade | 1962 - |
Empregador | RCTV (pt) Venevisión |
Lingua | Lingua castelá |
Marina Baura, nada co nome de Julia Pérez en Vilameá de Ramirás (Ramirás) o 1 de novembro de 1941, é unha actriz de orixe galega, que desenvolveu a súa carreira profesional no xénero das telenovelas en Venezuela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O pai chamábase Benito Pérez e a nai Áurea, de onde tomou os nomes cos que formar o seu alcume artístico[1]. Cando tiña 15 anos a súa familia emigrou desde Ramirás a Venezuela.
Comezou a carreira artística a comezos da década de 1960 como modelo e foi a imaxe dunha popular cervexa[1]. Estudou arte dramática con Paul Antillano. O seu primeiro traballo como actriz de novelas foi na serie Casos y cosas de casa, e máis adiante traballou no programa de televisión La quinta de Simón, presentado polo cantante Simón Díaz.
Rodou o seu primeiro filme ás ordes de Román Chalbaud en 1963, Cuentos para mayores, que foi quen lle recomendou[1] que mudase o nome de Julia Pérez. O primeiro papel co que obtivo sona foi na telenovela Madres solteras (1965) e o primeiro coma actriz protagonista tívoo Lucecita (1967), ámbalas dúas producidas pola cadea Venevision.
Despois ficou a traballar para a cadea RCTV, onde protagonizou durante os anos setenta e a comezos dos oitenta diversas telenovelas como Cristina (1970), La usurpadora (1971), La Indomable (1974), Doña Bárbara (1975), ou Chao, Cristina (1983), entre outras moitas. Marina Baura retirouse da actuación no ano 1983 cando rescindiu o seu contrato con RCTV.
Da súa retirada regresou só ocasionalmente. En 1990 participa como protagonista na telenovela Emperatriz, escrita polo dramaturgo José Ignacio Cabrujas e feita pola produtora independente e canal de televisión Marte Televisión. No ano 2003 traballou na exitosa telenovela Cosita rica pola cadea Venevisión.
Tras unha década de retirada televisiva, volveu á televisión venezolana da man do escritor Martín Hahn nunha miniserie de terror, misterio e suspense de 9 episodios producida por IMAGE Producciones para o 2016.
Ten dupla nacionalidade, a española e a venezolana.
Obra[editar | editar a fonte]
Telenovelas, unitarios e series[editar | editar a fonte]
- Poseída (2016) (IMAGE Producciones-Miniserie)
- Soltera y sin compromiso (2006) (RCTV-Unitario)
- Cosita rica (2003) Tentación Luján (Venevisión-Telenovela)
- Emperatriz (1990) Emperatriz Jurado (Marte TV-Telenovela)
- La hora menguada (1984) Amelia (RCTV-Unitario)
- Chao Cristina (1983) Cristina (RCTV-Telenovela)
- Gómez II (1982) (RCTV-Miniserie)
- Natalia de 8 a 9 (1980) Natalia (RCTV-Telenovela)
- Muros del silencio (1979) (RCTV-Miniserie)
- Mabel Valdez, periodista (1978) Mabel Valdez (RCTV-Telenovela)
- La balandra Isabel llegó esta tarde (1978) (RCTV-Miniserie)
- TV Confidencial (1977-1978) (RCTV-Telenovela)
- Silvia Rivas, divorciada (1977) Silvia Rivas (RCTV-Telenovela
- Resurrección (1976-1977) (RCTV-Telenovela)
- Sobre la misma tierra (1976) (RCTV-Miniserie)
- Canaima (1976) (RCTV-Miniserie)
- Valentina (1975-1976) Valentina Montiel/Sonia Gámez (RCTV-Telenovela)
- Doña Bárbara (1974-1975) Bárbara (RCTV-Telenovela)
- La indomable (1974) María de la Cruz Falcón Olivares/Morgana Falcón(RCTV-Telenovela)
- La Italianita (1973) Rina (RCTV-Telenovela)
- La usurpadora (1971-1972) Alicia Estévez/Rosalba Bracho (RCTV-Telenovela)
- La virgen ciega (1970) (RCTV-Telenovela)
- La viuda blanca (1970) (RCTV-Telenovela)
- Cristina (1970) Cristina (RCTV-Telenovela)
- Abandonada (1969) (Venevisión-Telenovela)
- Lisa, mi amor (1969) Lisa (Venevisión-Telenovela)
- El reportero (1968) (Venevisión-Telenovela)
- Rosario (1968) Rosario (Venevisión-Telenovela)
- La señorita Elena (1967) Elena (Venevisión-Telenovela)
- Lucecita (1967) Lucecita (Venevisión-Telenovela)
- Yo, el gobernador (1965) (Venevisión-Telenovela)
- Madres solteras (1965) (Venevisión-Telenovela)
- Casos y cosas de casa (1961)
Película[editar | editar a fonte]
- Bodas de papel (1979)
- Cuentos para mayores (1963)
Teatro[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Piñeiro, Antonio (2021-11-01). "A gran dama das telenovelas venezolanas é de Ramirás". La Región (en castelán). Consultado o 2021-11-02.