Juan Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Varela
Juan Varela (jiournalist).jpg
Nacemento10 de outubro de 1964
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Navarra
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Juan Varela, nado en Betanzos o 10 de outubro de 1964, é un xornalista galego. Ao longo da súa carreira alternou o seu labor como xornalista coa docencia e a asesoría en diferentes grupos de comunicación. Actualmente (2010) é director de Mediathink Consultores e colaborador habitual de Soitu, do diario Público e da Axencia Colpisa (Vocento).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Completou os seus estudos de Ciencias da Información na Universidade de Navarra en 1987 e cursou estudos de doutoramento en Empresa Xornalística na Universidade Complutense de Madrid.

Comezou a súa carreira profesional como redactor en EL Ideal GalLego da Coruña, eL Correo de Andalucía de Sevilla, e nos diarios de ámbito nacional do Grupo Prisa El País e Cinco Días. Tamén foi subdirector de Diario 16 e de El Periódico de Catalunya e redactor xefe de edición do diario El Sol, recibindo varios premios da Society for News Design polo seu traballo no deseño destes xornais.

Foi o creador e primeiro director de ADN.ES, a aposta informativa en internet do Grupo Planeta.

Exerceu a docencia na Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra e en varias organizacións xornalísticas internacionais como a IFRA, a World Association of Newspapers (WAN) ou a Adepa (Arxentina).

Como consultor destaca polo seu labor como director en Mediathink Consultores, S.L. ademais de ser un dos fundadores e membros do consello editorial de Cuadernos para periodistas, a revista da Asociación da Prensa de Madrid (APM). Así mesmo traballou como asesor xornalístico do grupo Vocento, destacando como director dos proxectos de lanzamento de varios xornais do grupo. Como consultor xornalístico dirixiu e realizou renovacións nun centenar de medios de Europa e Latinoamérica.

Tamén é o autor do blogue sobre xornalismo e medios Periodistas 21, que recibiu o premio BOBs - Deutsche Welle ao Mellor Weblog Xornalístico en Español 2004.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]