Juan Teijeiro Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Teijeiro Conde
Biografía
Nacementoc. 1950 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Foz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Manuel Teijeiro Conde, nado en Foz cara a 1950, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudante de segundo curso de Ciencias na Universidade de Madrid no curso 1968-69, era militante do Frente Unido de Resistencia (FUR), un grupo xurdido en 1968. Foi detido en decembro dese mesmo ano xunto con Leopoldo Redruello, Ernesto Alajarín e Ángel Ayala, acusados do incendio dunhas aulas do Caserón de San Bernardo, no marco das protestas universitarias xurdidas nese ano, actividade que eles negaron[1].

Foron xulgados en consello de guerra en xaneiro de 1969[2]. Juan Teijeiro, defendido polo avogado Manuel Salgado Durán, foi condenado a 18 anos de prisión.[3] Pasou polas cadeas de Ocaña, El Dueso, Alcalá de Henares, Teruel e finalmente Xaén[4]. En 1977 denegóuselles a amnistía a Juan Teijeiro e Ernesto Alajarín[1], mais apelaron ao Consello Supremo de Xustiza Militar[5], e finalmente foilles concedida a amnistía en abril de 1977. Juan pasou máis de oito anos en prisión, sendo considerado o máis antigo dos presos políticos galegos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Recurren contra la denegación de amnistía". El País (en castelán). 5 de xaneiro de 1977. 
  2. "Consejo de guerra contra cuatro acusados de terrorismo". La Vanguardia (en castelán). 22 de xaneiro de 1969. 
  3. La Voz de Galicia, 23-1-1969, p. 8.
  4. "Amnistía y revisión del procedimiento judicial". Diario 16 (en castelán). 17 de decembro de 1976. 
  5. La Voz de Galicia, 12-1-1977, p. 42.
  6. La Voz de Galicia, 29-4-1977, p. 34.