Juan Salgado Riveiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido As Casas dos Montes, España |
Morte | 21 de decembro de 1946 Cambedo, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Salgado Riveiro,[1] coñecido como Juan, nado nas Casas dos Montes (Oímbra) e finado en Cambedo o 21 de decembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado nunha familia de músicos, tocaba o cornetín. Anarquista. Membro do grupo guerrilleiro de Mario Rodríguez Losada. Despois encabezou un grupo duns trinta guerrilleiros que loitaron na raia galaico portuguesa. Formou parte do grupo de Demetrio García Álvarez, do que foi lugartenente. Foi sorprendido cando estaba agochado na casa dunha familia de Cambedo o 21 de decembro de 1946 na batalla de Cambedo. Ao fuxir para as Casas dos Montes foi ferido; intentou retornar a Cambedo pero foi abatido polos axentes portugueses. O seu cadáver foi exposto no cemiterio de Chaves.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nalgunhas fonte aparece como Juan García Salgado.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Godinho, Paula (2017). "Liminarités, fissures et réécritures Un événement à la frontière entre le nord du Portugal et la Galice". Cahiers de civilisation espagnole contemporaine (18).
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 126. ISBN 84-8485-231-8.