Demetrio García Álvarez
Demetrio García Álvarez | |
---|---|
Nacemento | 1912 |
As Chás | |
Francia | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Demetrio García Álvarez, coñecido como Pedro, nado nas Chás (Oímbra) en 1912, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Primitivo García Justo. Logo dunha pelexa cun veciño na que usou o seu revolver en maio de 1935,[1] foi condendo polo Xulgado de Verín. A xunta de goberno da Audiencia de Ourense proón o seu licenciamento para o 14 de abril de 1937.[2] Preso no Forte de San Cristóbal de Pamplona durante case dous anos,[3], logrou fugarse. Fuxido no monte dende 1937. Foi o líder do grupo guerrilleiro que actuaba na raia galaico portuguesa pola zona de Verín e Chaves en 1945. Ao ano seguinte integróuse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia grazas ao labor de Samuel Mayo Méndez. O 9 de decembro de 1946 dirixiu o asalto ao autobús de liña da empresa Perille que facía a ruta Ourense-Verín nas Estivadas, na chamada curva de Atás.[4] Refuxiado en Cambedo con outros compañeiros, foi ferido na batalla de Cambedo o 21 de decembro de 1946. Detido xunto co seu cuñado Manuel Bárcia, ingresou na prisión de Porto o 23 de decembro. Foi xulgado polo Tribunal Territorial de Porto e condenado a 19 anos de prisión. Foi enviado ao campo de concentración de Tarrafal (Cabo Verde) en xuño de 1948. Rematou de cumprir a pena no cárcere de Lisboa de onde foi liberado o 19 de febreiro de 1965. Exiliado en Francia, instalouse en París e despois en Bordeos, e non retornou a Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-5-1935, p. 15.
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 5-4-1937, p. 2.
- ↑ Listado y datos de los presos que estuvieron internados en el Fuerte de San Cristobal entre 1934 y 1945
- ↑ Historia e memoria. Acción guerrilleira nas Estivadas (1946). A curva do atraco.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 70–71. ISBN 84-8485-231-8.