Saltar ao contido

Juan R. Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan R. Álvarez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1880 Editar o valor en Wikidata
San Tomé de Recaré, España Editar o valor en Wikidata
Morte1932 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Juan Ramón Álvarez, nado en San Tomé de Recaré (O Valadouro) o 9 de xaneiro de 1880 e finado na Habana en marzo de 1932, foi un xornalista e filántropo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuela Álvarez Río, dunha familia de labregos acomodados. Estudou Latín e Humanidades na Preceptoría de Ferreira do Valadouro. Ingresou no Seminario de Mondoñedo en 1893, pero non chegou a rematar a carreira sacerdotal. Marchou a Madrid comezou a traballar nunha xoiería da Carrera de San Jerónimo, da que chegou a ser socio. Foi membro do Centro Gallego de Madrid. En Ferreira foi cofundador do periódico El Valle de Oro. En 1906 marchou a Cuba. Dedicouse ao comercio, foi importador dos reloxos "Lohengrin". Traballou para Santos y Álvarez e despois estabeleceuse pola súa conta. No Centro Gallego de La Habana foi vocal da sección de instrución e da sección de recreo e adorno e vicepresidente da sección de sanidade. Foi secretario da xunta directiva de 1912 a 1914. En 1917 foi vicepresidente da comisión executiva do Centro Gallego.

Foi un dos fundadores da Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección El Valle de Oro, na que ocupou o cargo de vicesecretario da primeira xunta directiva e en 1915 foi elixido presidente. Foi tamén secretario fundador do Comité Representativo de las Sociedades Gallegas de Instrucción, membro da Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega e da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. En 1922 foi elixido conselleiro da Caja de Ahorros y Banco Gallego do Centro Gallego da Habana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]