Juan Pablo Orrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Pablo Orrego
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , ecoloxista , activista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 1404648 Editar o valor em Wikidata

Juan Pablo Orrego Silva, nado en 1949, é un músico, ecoloxista e activista chileno.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Foi baixista da banda chilena Blops, á cal se integrou en 1968 por intermedio do seu primo Felipe Orrego.[1] Estivo no grupo até 1973, cando se separaron. En 1974 participou dunha breve reagrupación e logo formou parte unha vez máis do conxunto entre 1978 e 1981, ano en que se trasladou ao Canadá.[2]

En 2001, Orrego formou parte do reencontro dos Blops, que durou até 2003.[2]

Activista[editar | editar a fonte]

Foi fundador e coordinador do Grupo de Acción por el Biobío, grupo que organizou unha serie de protestas en defensa das comunidades pehuenches na rexión do Biobío, e contra os danos ambientais que produciría a construción de centrais hidroeléctricas no río Biobío, incluíndo os proxectos Pangue e Ralco. Este traballo fíxoo receptor do Premio Goldman para o medio ambiente en 1997, e do Premio ao Sustento Ben Gañado en 1998, considerado como o «Premio Nobel Alternativo».[3][4]

Desde 2006 participa na campaña Patagonia sin presas en contra do proxecto HidroAysén. É presidente da ONG Ecosistemas, e director de International Rivers desde xullo de 2014.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.rockaxis.com/vanguardia/biografia/blops-los/
  2. 2,0 2,1 "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2015. 
  3. "South & Central America 1997. Juan Pablo Orrego. Chile. Rivers and Dams". Goldman Environmental Prize. Consultado o 7 de novembro de 2014. 
  4. "THE RIGHT LIVELIHOOD AWARDS 1998. Juan Pablo Orrego.". THE RIGHT LIVELIHOOD AWARDS. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2010. Consultado o 7 de novembro de 2014. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2014. Consultado o 24 de abril de 2021.