Saltar ao contido

Juan Nóvoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Nóvoa
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1898 Editar o valor en Wikidata
Ourense Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntipógrafo, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMáximo Nóvoa Barreiros Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Nóvoa Nóvoa Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10432

Juan Ángel Nóvoa Nóvoa, coñecido como Bicho Bravo, nado en Ourense o 13 de xuño de 1898 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 1976, foi un tipógrafo e político comunista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tipógrafo en Ourense. Afiliado ao Partido Comunista, foi redactor de La Zarpa e colaborador de El Soviet. Foi elixido secretario da Casa do Pobo de Ourense en 1931,[1] e secretario da Asociación de Inquilinos de Ourense en outubro de 1933.[2] Foi membro do Comité Executivo provincial do PCE de Ourense.[3]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado co seu irmán Manuel nunha especie de cova construída por eles no soto do edificio no número 37 da rúa Raíña Vitoria de Ourense. Descubertos, foron detidos o 5 de abril de 1937.[4][5] Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión na causa 452/37 o 9 de setembro de 1937, foi condenado a pena de morte, logo conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Cumpriu condena na Prisión de Ourense, na Prisión de Las Palmas, onde ingresou o 28 de marzo de 1939, en Yeserías (14-1-1943), Santa Rita (19-2-1943) e Talavera (13-3-1943) de onde saíu en liberdade provisional o 15 de abril de 1943.

Volveu ser detido, encartado na causa 94/1945 por rebelión e ingresou na Prisión da Coruña o 7 de xaneiro de 1945; pasou á Prisión Central de Burgos o 23 de outubro de 1946; a Prisión de El Dueso o 13 de xaneiro de 1949; e o 2 de maio de 1951 pasou ao Reformatorio de Adultos de Ocaña, do que saíu en liberdade condicional o 6 de outubro de 1952.[6] Despois exiliouse.

Retornou a Orense e traballou como tipógrafo en La Región. Finou en Ourense o 31 de decembro de 1976.[7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Barreiros Gómez, que finou en setembro de 1943, e foi pai de Carmen, Angelines, Máximo, Sara e Dolores Nóvoa Barreiros.[8]

  1. Vida Gallega, 30-5-1931, p. 45.
  2. La Región, 18-10-1933, p. 6.
  3. "Benigno e Santiago Álvarez, dous símbolos históricos do PC ourensán", La Voz de Galicia, Ourense, 23-4-1997, p. 40.
  4. El Pueblo Gallego, 6-4-1937, p. 11.
  5. La Región, 6-4-1937, p. 3.
  6. BOE, 5-11-1952, p. 5058.
  7. A Voz do Pobo, 18, 23-1-1977, p. 7.
  8. La Región, 3-9-1943, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]