Juan Muíños Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Redondela, España |
Morte | marzo de 1992 Redondela, España |
Alcalde de Redondela | |
1951 – 1956 ← Francisco Cunqueiro Montenegro – Pedro Otero Rey → | |
Alcalde de Redondela | |
1940 – 1943 ← Cándido Martínez Esteiro – Raúl Carlos Gunche López → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Juan Muíños Iglesias, nado en Redondela e finado no mesmo concello en marzo de 1992, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Muíños Casal, dono do Hotel España de Redondela. Foi o fundador da delegación da Falange Española en Redondela. Participu na guerra civil española como voluntario da 2ª Bandeira de Falange de Pontevedra, e posteriormente como oficial. Xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi nomeado concelleiro de Redondela en xaneiro de 1940,[1] e elixido primeiro tenente alcalde.[2] Ostentou o cargo de alcalde de Redondela, ao que accedeu o 29 de xaneiro de 1940, sucedendo ao anterior alcalde, Cándido Martínez Esteiro. Tres anos despois, en 1943, sucedeuno na alcaldía Raúl Carlos Gunche López. En setembro de 1951 volveu a acceder á alcaldía,[3] na que se mantivo até 1966, cando Pedro Otero Rey o sucedeu. Foi nomeado deputado provincial en 1952.[4] Despois foi delegado do Instituto Social da Mariña en Redondela.
No seu mandato promoveu a privatización da praia de Cesantes.[5] Finou en Redondela en marzo de 1992.[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu varias condecoracións pola súa participación na “Guerra de liberación”. Tamén recibiu a Cruz de Caballero de Cisneros polos “servizos prestados á causa”.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Teresa Torrado Sánchez e foi pai de Juan José, María Teresa, María Isabel e María del Pilar Muiños Torrado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 27-1-1940, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-1-1940, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-9-1951, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-3-1952, p. 2.
- ↑ Anecdotario Redondelán (ed.). "Partidos políticos de Redondela.". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015.
- ↑ Necrolóxica en Faro de Vigo, 6-3-1992, p. 57.
- ↑ Anecdotario Redondelán (ed.). "Alcaldes de Redondela". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Cándido Martínez Esteiro |
Alcalde de Redondela 1940 - 1943 |
Sucesor: Raúl Carlos Gunche López
|
Predecesor: Francisco Cunqueiro Montenegro |
Alcalde de Redondela 1951 - 1966 |
Sucesor: Pedro Otero Rey |