Pedro e Juan Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Moreno Ulloa»)
Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de Ribadeo, (tomada dende o Parque da Praza de España o 7 de febreiro de 2005), fachada SO

Os irmáns Pedro María e Juan María Moreno Ulloa foron dous indianos nados no barrio dos Garitos de Ribadeo, que retornaron cartos para construír a chamada Torre dos Moreno, rematada en 1911, edificio emblemático de Ribadeo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceron no barrio de Garitos, Pedro o 7 de xuño de 1840 e Juan o 5 de marzo de 1845. Bautizounos en Ove o sacerdote Bernardo Miranda Trelles, respectivamente o 9 de xuño de 1840 e o 7 de marzo de 1845[1]. Faleceron na Arxentina en 1921 e 1928.

Juan Moreno achegou 150 000 pesetas para a construción do instituto de Ribadeo, e doaron terreos para o cemiterio municipal, fixeron construír a capela do mesmo, doaron o cerramento do cemiterio e construíron o camiño ata o mesmo.

Foron nomeados fillos predilectos de Ribadeo. Tras diversas xestións,[2] o 10 de febreiro do 2005 chegaron a Ribadeo as cinzas dos irmáns Moreno,[3] procedentes da Arxentina. Recibiunas unha delegación oficial do concello, acompañados por Gilberto Suárez Méndez, representante da asociación veciñal O Tesón, impulsora da repatriación.

Placa de homenaxe a Juan Moreno na biblioteca pública 'El Viejo Pancho' de Ribadeo
Placa de homenaxe a Juan Moreno na biblioteca pública 'El Viejo Pancho' de Ribadeo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El alcalde confía en celebrar los actos a principios de año". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-11-10. Consultado o 2019-03-04. 
  2. "Emigración ayudará a repatriar a Ribadeo los restos de Los Moreno". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-30. Consultado o 2019-03-04. 
  3. "Ribadeo consuma la repatriación de los restos de los hermanos Moreno". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-02-09. Consultado o 2019-03-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Tumba dos irmáns Moreno no cemiterio de Ribadeo
Tumba dos irmáns Moreno no cemiterio de Ribadeo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Testamento de Juan MorenoArquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.