Juan Jesús Vivas
Juan Jesús Vivas Lara, nado en Ceuta o 27 de febreiro de 1953, é un político español, actual alcalde-presidente da Cidade Autónoma de Ceuta e presidente do Partido Popular de devandita cidade. É licenciado en Económicas pola Universidade de Málaga e funcionario de carreira do concello de Ceuta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1999 debutou en política, sendo elixido deputado na Asemblea de Ceuta polo Partido Popular. Ese mesmo ano foi nomeado xefe do Gabinete Técnico do ex-delegado do Goberno en Ceuta, Luis Vicente Moro, e secretario xeral dos populares, ademais de ocupar durante un mes o cargo de conselleiro de Economía e Facenda. Pese a que o PP perdeu as eleccións, Vivas acabou a lexislatura como presidente, debido a unha moción de censura asinada polo PP, PSOE, Partido Democrático y Social de Ceuta e tránsfugas do GIL contra o entón presidente, Antonio Sampietro. Vivas foi proclamado candidato do PP ás eleccións municipais de 2003, nas que o PP obtería, por primeira vez, maioría absoluta en Ceuta, sendo o primeiro partido que o obtiña, ao lograr 19 dos 25 escanos. Catro anos despois, os populares lograron a mesma representación, obtendo ata máis votos (un 65,18%).[1] En 2011, o PP baixou a súa representación a 18 escanos, pero aumentou lixeramente o número de apoios (un 65,20% dos sufraxios)[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resultados eleccións 2007". El País. 27-05-2007.
- ↑ "O PP volve arrasar en Ceuta". El Mundo. 23-05-2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Predecesor: Antonio Sampietro Casarramona |
Alcalde-Presidente da Cidade Autónoma de Ceuta 2001-actualidade |
Sucesor: No cargo |