Juan Corzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Corzo Príncipe
Nacemento 1873
Lugar Madrid España España
Falecemento 1941
Lugar A Habana
Nacionalidade Cubana Flag of Cuba.svg
Ocupación Xogador de xadrez
editar datos en Wikidata ]

Juan Corzo Príncipe, nado en Madrid en 1873 e finado en 1941, foi un mestre de xadrez cubano, campión nacional de Cuba inmediatamente antes de José Raúl Capablanca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Corzo emigrou a Cuba en 1887. Estudou teoría do xadrez do mestre Pichardo e converteuse en campión do Club de Xadrez da Habana. Dotado de notable talento táctico, a súa derrota fronte a Capablanca (+4 -3 =6 ) en 1901 marcou o comezo da meteórica carreira do que logo sería campión mundial, cando Capablanca só tiña 13 anos.

Xunto con el fundou a Federación Nacional de Xadrez de Cuba, e foi durante moitos anos editor da revista de xadrez de Capablanca.