Juan Bautista Caamiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Bautista Caamiña
  Santiago de Compostela
Falecemento 1827
  Portugal
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación xornalista, médico e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Juan Bautista Caamiña, nado en Santiago de Compostela cara a 1784 e finado en Portugal en 1827, foi un médico, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrático de Física da Universidade de Santiago de Compostela e médico no Real Hospital. Asociado co impresor Manuel Antonio Rey fundou os periódicos liberais Diario General (1810) e El Cartel (1811). En febreiro de 1812 dirixiu a Gazeta Marcial y Política de Santiago, desde a que combateu os realistas. Foi cruelmente perseguido polos absolutistas e suspendido das súas funcións académicas. Tivo que facer unha retractación pública das súas ideas, esconderse nunha cela do convento de San Lorenzo e facer unha segunda retractación. Temendo pola súa vida, en maio de 1814 fuxiu a Portugal, e exerceu a medicina en Porto uns anos.

Véxae tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]