Saltar ao contido

José W. Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé W. Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Cienfuegos, Cuba Editar o valor en Wikidata
United States Under Secretary of State for Economic Growth, Energy, and the Environment (en) Traducir
6 de agosto de 2021 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónDartmouth College
Columbia Law School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor en Wikidata
Participou en
Asia Summit 2021 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

José W. Fernández, nado en 1955 en Cienfuegos, é un político e avogado estadounidense de orixe cubana. Ocupou o posto de Secretario de Estado Adxunto de Enerxía e Asuntos Económicos e Empresariais dos Estados Unidos de América, durante os anos 2009 a 2013, no goberno do Presidente Barack Obama, sendo Secretaria de Estado Hillary Clinton.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É descendente do militar galego Ramón Pumpido Puga. O seu pai, o avogado Jose Rigoberto Fernández Pumpido, chegou a ser asesor do Presidente da República de Cuba Osvaldo Dorticós, tamén natural de Cienfuegos.[2] Ante a evolución da Revolución cubana a familia trasladouse en 1968 aos Estados Unidos, instalándose en Nova Jersey. Fernández estudou historia na Universidade de Dartmouth, (Nova Hampshire), doutorándose en Dereito na Escola de Leis de Columbia.

Con posterioridade á súa gradación trasladouse uns anos a España, onde traballou como avogado. En 1985 regresou aos Estados Unidos sendo socio dun bufete de avogados na Cidade de Nova York, até o seu nomeamento como Secretario de Estado Adxunto polo Presidente Barack Obama en agosto de 2009. Está casado coa xornalista e escritora Andrea Gador.[3]

Función política

[editar | editar a fonte]

Fernández foi Secretario de Estado Adxunto de Enerxía, Asuntos Económicos e Empresariais dos Estados Unidos de América, durante os anos 2009 a 2013, no primeiro mandato presidencial de Obama. Dirixiu a Axencia responsable de supervisar a política internacional norteamericana en materia de investimento e comercio; as finanzas internacionais, o desenvolvemento, e a política sobre a débeda; incluíndo as sancións económicas e a loita contra o financiamento do terrorismo; a política de seguridade en materia de enerxía internacional; o transporte e telecomunicacións internacionais; e o soporte para os negocios realizados polo sector privado dos Estados Unidos no estranxeiro.

Nomeado polo Presidente Obama o 6 de agosto de 2009, Fernández prestou xuramento o 1 de decembro de 2009, cesando en outubro de 2013, cando Hillary Clinton deixou a Secretaria de Estado, e regresando ao traballo privado como avogado.