José Ramón Cancelo de la Torre
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | Catedrático de universidade |
Empregador | Universidade da Coruña (1995–) |
Membro de | |
Profesores | Antoni Espasa |
José Ramón Cancelo da Torre é un economista galego que exerce como catedrático de universidade no departamento de economía de Universidade da Coruña, onde está especializado en estatística e econometría e forma parte do grupo de investigación Jean Monnet sobre competencia e desenvolvemento.[1] É experto na análise de series temporais, sendo autor de publicacións moi influentes neste campo.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José Ramón Cancelo licenciouse en ciencias económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidade Autónoma de Madrid, cunha tese sobre Políticas de estabilización e efecto crowdingout: unha análise empírica para o caso español.[3] Antes de recalar como catedrático de universidade na Universidade da Coruña en 1995, foi profesor na Universidade Autónoma de Madrid, o que compaxinou brevemente coa empresa privada, antes de obter a cátedra na Universidade de Castela-A Mancha.[4][5] O 14 de setembro de 2016 ingresou como membro numerario da Real Academia Galega de Ciencias, cun discurso titulado "A crise da Eurozona: unha historia de desequilibrios e asimetrías".[5][6] O propio Cancelo cita como a súa maior influencia ao profesor Antoni Espasa, "cuxa forma de entender a Economía, como coñecemento teórico pero tamén como actividade práctica, marcoume profundamente e orientou toda a miña traxectoria académica e profesional".[7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Cancelo, J. R., & Espasa, A. (1993): Métodos cuantitativos para el análisis de la coyuntura económica. Alianza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de José Ramón Cancelo De La Torre". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 09 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Cancelo Jose Ramon".
- ↑ Cancelo de la Torre, José Ramón. "Políticas de estabilización y efecto crowdingout: un análisis empírico para el caso español". Tesis doctorales: TESEO. Consultado o 9 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Ingreso de José Ramón Cancelo de la Torre". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 09 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "El catedrático de economía José Ramón Cancelo de la Torre nuevo Académico de la Real Academia Galega de Ciencias". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 09 de xaneiro de 2018.
- ↑ "José Ramón Cancelo ingresa en la Real Academia Galega de Ciencias". La Voz de Galicia.
- ↑ "La crisis de la eurozona: una historia de desequilibrios y asimetrías".