José María Suárez Vence
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX A Baña, España |
Morte | 20 de maio de 1968 |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Xavier Suárez-Vence |
Premios | |
José María Suárez Vence, nado en Nantón (Cabana de Bergantiños) e finado en Madrid o 20 de maio de 1968,[1] foi un avogado e xuíz galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1915)[2]. Foi xuíz de primeira instancia dos partidos de Negreira, Ponteareas (1924)[3] e Pontevedra (1931)[4] e maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra[5]. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi designado membro da Comisión provincial de incautación de bens en 1937[6], presidente da Audiencia de Pontevedra (1941) e maxistrado do Tribunal Supremo (1958-1964).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Fillo adoptivo de Pontevedra.
- Medalla da Cidade de Vigo.
- Gran cruz de San Raimundo de Peñafort.
- Medalla do Mérito Militar con distintivo branco.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Santiso García, filla de Luis Santiso Diz, en decembro de 1924,[7] e foi pai de Manuel, Xosé María, Luis, María del Carmen, Susana, Antonio e Xavier Suárez-Vence.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ El Progreso, 23-10-1915, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-2-1924, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-7-1931, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-1-1933, p. 3.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 30-1-1937, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 18-12-1924, p. 1.