José Luis Gavilanes
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1953 (71 anos) Xunqueira de Ambía, España |
Alcalde de Xunqueira de Ambía | |
1979 – | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xunqueira de Ambía |
Ocupación | empresario, político |
José Luis Gavilanes Losada, nado en Xunqueira de Ambía o 31 de maio de 1953, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dono de varias empresas, entre elas unha de transportes (Coporsa), é alcalde de Xunqueira de Ambía dende as primeiras eleccións democráticas, primeiro pola UCD, en 1983 por Coalición Galega, en 1987 por AP e a partir de 1991 polo PPdeG, sempre con maioría absoluta.
En xaneiro de 2000 foi acusado de prevaricación, polo derribo dun muro para ensanchar un camiño, e foi absolto. En 2001 como empresario enfrontouse a unha petición fiscal de quince meses de prisión por un suposto delito de falsidade documental.[1]
Predecesor: ? |
Alcalde de Xunqueira de Ambía 1979 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El alcalde de Xunqueira de Ambía se enfrenta a una acusación de falsedad". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2014. Consultado o 06 de outubro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Gavilanes Losada, José Luis". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.