José Castro Soto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ortigueira, España |
Morte | 1983 Ortigueira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José Castro Soto, coñecido como Pepe do Cristo, nado en Ortigueira e finado no mesmo concello en 1983,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Devesos. Na República foi concelleiro de Ortigueira en 1933. Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido con Manuel Martínez Blanco e Venerando Yáñez Martínez, acusados de pertencer ao radio comunista e de tenencia de armas.[2] Xulgados en consello de guerra por auxilio a rebelión o 14 de xaneiro de 1935, José Castro e Manuel Martínez foron condenados. Despois do triunfo electoral da Fronte Popular saíu do cárcere ao beneficiarse dunha amnistía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Foi membro dunha partida de fuxidos. Xulgado por rebelión militar, foi declarado en rebeldía.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Hermesinda López Beceiro e foi pai de Alfonso e Antonio Castro López.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 14-6-1984, p. 61
- ↑ El Correo Gallego, 3-11-1934, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José Castro Soto na base de datos do proxecto Nomes e voces.