José Carlos Suárez García
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1957 (67 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galiza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,80 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Carlos Suárez García, nado en Vigo o 4 de abril de 1957, é un exfutbolista galego, máis coñecido como Nene Suárez, que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, e tras pasar polo Gran Peña debutou co primeiro equipo na tempada 1976/77 na máxima categoría. Pese a que a tempada rematou co descenso do equipo tivo moi bo papel, que lle valeu ser convocado coa Selección de fútbol de España sub-21.
Entre os sete anos que xogou en Vigo as súas mellores tempadas foron a 1980/81 na Segunda División B, con 13 goles en 31 encontros que axudarían ao equipo a ascender de categoría, e a 1981/82 con 15 goles, só superado polo pichichi Pichi Lucas (27 goles).
Finalmente deixou o equipo tras numeroso rumores que o asociaban a outros equipos tras as súas boas actuacións, fichou polo Real Betis Balompié en 1982. Porén no equipo non chegou a demostrar todo o que se agardaba del e en 1986 foi traspasado ao Racing de Santander.