José Carlos Baños
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1955 (69 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Carlos Baños Márquez, nado en Vigo o 27 de maio de 1955, é un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, é auditor de contas. Traballou na Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (1980-1983). Militante do PSdeG, foi concelleiro en Vigo de Economía e Facenda, Patrimonio e Contratación e Persoal (1983-1987) e director xeral de Vivenda (1987-1989). Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 1989. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 1993. Foi director financeiro dunha empresa viguesa do metal e director financeiro de Feve (2004-2005). Foi Director Xeral de Transportes (2005-2009).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 88.