José Barreiro Chamosa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Chamosa, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | canteiro, político |
José Barreiro Chamosa, nado en Chamosa (Forcarei) cara a 1913, foi un canteiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Canteiro membro da Sociedad obrera de Oficios Varios La Polar (UGT) durante a Segunda República. Marchou a Burgos en 1934 como encargado da compañía Ormaeche. En setembro de 1935 pasou a Villarcayo de Merindad de Castilla la Vieja co contratista Marcelino Uriarte. En marzo de 1936 pasou a Madrid. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi secretario do Comité de Defensa de Moralzarzal e despois ingresou nas Milicias Rojas de La Sierra combatindo como soldado no exército leal. Foi ferido e actuou como axudante do comisario dunha Brigada. Coa derrota da República incorporouse ao Rexemento de Infantaría Zaragoza nº 30 de Lugo o 30 de maio de 1939. Iniciouse un procedemento para a súa clasificación e como consecuencia Ingresou na cadea de Lugo o 14 de setembro de 1939, onde permaneceu ata o 15 de maio de 1940 en que foi trasladado á prisión de Colmenar Viejo para ser xulgado na causa 59855/40. Foi sobresido o 21 de xuño de 1940 por consideralo suficintemente sancionado coa prisión preventiva sufrida, e posto en liberdade o 77 de xullo. Volveu a Forcarei. Coa caída do Comité Comarcal do PCE de Pontevedra en setembro de 1948, foi detido con José González Rey acusados de constituír un Comité local do partido no Cachafeiro. Procesado en consello de guerra o 30 de marzo de 1949, foi condenado a un ano de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.