José Aranguren Roldán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1875 A Coruña, España |
Morte | 22 de abril de 1939 (63/64 anos) Barcelona, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Comandante en xefe da IV División Orgánica | |
19 de xullo de 1936 – 15 de maio de 1937 ← Francisco Llano de la Encomienda – Sebastián Pozas Perea (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | garda civil |
Período de actividade | 1891 - |
Carreira militar | |
Lealdade | Bando republicano |
Rango militar | xeneral de brigada |
Conflito | guerra civil española |
José Aranguren Roldán, nado na Coruña en 1875 e finado en Barcelona o 22 de abril de 1939, foi un militar galego, xeneral da Garda Civil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Garda Civil
[editar | editar a fonte]Ingresou con 16 anos na Academia Militar e despois pasou á Garda Civil, na que fixo carreira militar, ascendendo a coronel en 1929. Cando se proclamou a República era director do Colexio de Gardas Mozos "Duque de Ahumada". Uns meses despois foi destinado á Coruña como xefe do Terzo da Garda Civil. Foi ascendido a xeneral de brigada polo Goberno da Frente Popular o 31 de marzo de 1936 e foi nomeado para mandar a 5ª zona da Garda Civil en Cataluña -composta por dous terzos e catro escuadróns de Cabalaría-,[1][2] con cabeceira en Barcelona.
Algún autor ten sinalado a súa posible pertenza á Unión Militar Española (UME).[3]
Na Guerra Civil
[editar | editar a fonte]Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 negouse a unirse aos sublevados -a pesar da súa condición de católico e estar conceptuado como persoa de filiación dereitista-, e púxose coas forzas ao seu mando, a disposición do Goberno republicano, o que contribuíu decisivamente a que Barcelona no caese en poder dos rebeldes.[4] O xeneral Manuel Goded chamouno para intentar que se sumase ao golpe, pero Aranguren negouse rotundamente.[5] O seu subordinado, o coronel Antonio Escobar, tamén se mantivo fiel á República e cumprindo as ordes de Aranguren, mandou as tropas da Garda Civil que acabaron coa sublevación. A mediados de agosto de 1936 foi unha das testemuñas de cargo no proceso a que foron sometidos os xenerais sublevados Goded e Fernández Burriel como consecuencia do golpe de Estado, chegando a declarar contra os xenerais rebeldes.[6]
Posteriormente integrouse na Guardia Nacional Republicana.[7] Durante a guerra mandou algún tempo a IV División Orgánica,[8][9] desempeñando o cargo máis nominalmente que de feito, dada a prepotencia do Comité de Milicias Antifascistas de Cataluña e a amplitude de funcións que asumiu a Consellería de Defensa do Goberno da Generalitat catalá. Despois dos sucesos de maio de 1937 pasou a desempeñar a comandancia militar de Valencia, continuando nese cargo até o final da guerra.[8] Nos últimos días da contenda negouse a abandonar a España republicana,[8] por considerar que se limitara a cumprir co seu deber.
Coa entrada dos franquistas en Valencia a finais de marzo de 1939, foi detido e posteriormente sometido a un consello de guerra, condenado a morte e executado o 22 de abril dese ano.[7][10][11] O seu antigo subordinado, Escobar, tamén foi fusilado en 1940.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cabanellas 1975, p. 442.
- ↑ Martínez Bande 2007, p. 305.
- ↑ Pagès i Blanch 2013, p. 22.
- ↑ Alpert 2013, p. 21.
- ↑ Thomas 1976, p. 260.
- ↑ Thomas 1976, p. 437.
- ↑ 7,0 7,1 Alpert 2013, p. 323.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Romero Salvadó 2013, p. 53.
- ↑ Toryho 1978, p. 20.
- ↑ Thomas 1976, p. 992.
- ↑ Cabanellas 1975, p. 874.
- ↑ Olaizola 1983, p. 183.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alpert, Michael (2013). El Ejército Republicano en la Guerra Civil. Cambrige University Press. ISBN 84-7054-055-6.
- Cabanellas, Guillermo (1975). La guerra de los mil días: nacimiento, vida y muerte de la II República Española. Buenos Aires: Heliasta.
- Martínez Bande, José Manuel (2007). Los años críticos: República, conspiración, revolución y alzamiento. Madrid: Encuentro. ISBN 84-306-0487-1.
- Olaizaola, José Luis (1983). La guerra del general Escobar. ISBN 84-320-5561-1.
- Pagès i Blanch, Pelai (2013). War and Revolution in Catalonia, 1936-1939. Leiden: Koninklijke Brill NV. ISBN 978-90-04-25427-5.
- Romero Salvadó, Francisco J. (2013). Historical Dictionary of the Spanish Civil War. The Scarecrow.
- Thomas, Hugh (1976). Historia de la Guerra Civil Española. Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 84-226-0874-X.
- Toryho, Jacinto (1978). Del triunfo a la derrota. Argos Vergara.