Joseph Pastor Neelankavil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Pastor Neelankavil, C.M.I.
Bispo da Igrexa católica siro-malabar
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1930
Pasamento17 de febreiro de 2021
Ordes
Ordenación sacerdotal17 de maio de 1960, por Joseph Parecattil
Consagración episcopal22 de febreiro de 1987, por Joseph Kundukulam
Orde relixiosaCongregación dos Carmelitas de María Inmaculada
Bispo de Sagar
1986 - 2006

Joseph Pastor Neelankavil, C.M.I., nado o 19 de marzo de 1930 e finado o 17 de febreiro de 2021, foi un relixioso católico indio, bispo siro-malabar de Sagar entre 1986 e 2006.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joseph Pastor Neelankavil naceu o 19 de marzo de 1930 en Aranatattukara, no distrito de Thrissur, en Kerala (entón no Raj Británico).[1] Logo de rematar os seus estudos, ingresou nos carmelitas de María Inmaculada, tomando o hábito o 15 de outubro de 1950 e facendo o 15 de outubro de 1951 a primeira profesión dos votos.[1] Posteriormente, cursou estudos eclesiásticos de Filosofía no Seminario Pontificio de Pune e, entre 1957 e 1960, de Teoloxía no Dharmaram College de Bangalore.[1]

O 17 de maio de 1960 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Ernakulam Joseph Parecattil.[1]

O 20 de decembro de 1986 foi nomeado bispo de Sagar. Recibiu a ordenación episcopal o 22 de febreiro de 1987,[1] de mans do bispo de Trichur Joseph Kundukulam, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo de Bhopal Eugene D'Souza e ao arcebispo de Cuttack-Bhubaneswar Raphael Cheenath.

Permaneceu no cargo até que se retirou o 2 de febreiro de 2006. Finou o 17 de febreiro de 2021.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Bishop Joseph Pastor Neelankavil". Eparquía de Sagar (sagardiocese.com) (en inglés). Consultado o 20/04/2022.