Joseph Darby
Joseph Darby | |
---|---|
Nacemento | 1979 |
Lugar de nacemento | Cumberland |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | militar |
Premios | Profile in Courage Award |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joseph M. Darby, nado en Corriganville (Maryland) c. 1979, é un militar estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 13 de xaneiro de 2004 denunciou as torturas e vexacións en Abu Ghraib (Iraq) perpetradas polo Exército dos Estados Unidos de América tras a invasión dese país.
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
O 7 de maio de 2004 Darby foi proclamado "Persoa da semana" por Peter Jennings no ABC's World News Tonight, e en decembro foi elixido como unha das tres 'Persoas do ano' por ABC News. Foi entrevistado por Anderson Cooper o 10 de decembro de 2006, en 60 Minutes (o segmento foi redifundido o 24 de xuño de 2007).
Recibiu o premio John F. Kennedy á coraxe o 16 de maio de 2005, en recoñecemento pola coraxe amosada na exposición dos abusos en Abu Ghraib.[1][2] Recibiu unha carta persoal de Donald Rumsfeld, requiríndolle que non falase sobre como fora desvelada a súa identidade por Rumsfeld a pesar de asegurarlle o anonimato aos militares.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "When Joseph Comes Marching Home (washingtonpost.com)". www.washingtonpost.com. Consultado o 2020-09-22.
- ↑ https://www.washingtonpost.com/wp-dyn/articles/A32048-2004May16.html
- ↑ Sharrock, Justine. "Am I a Torturer?". Mother Jones (en inglés). Consultado o 2020-09-22.