Josefa Francisco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 |
Morte | 2015 (60/61 anos) Filipinas |
Outro | |
Título | Académica |
Josefa "Gigi" Francisco , nada en 1954 e finada o 22 de xullo de 2015, foi unha defensora da igualdade de xénero e os dereitos das mulleres de Filipinas.[1][2] Contribuíu a moitos programas para reducir a disparidade e investigou moitos aspectos da igualdade e dos dereitos das mulleres. Traballou en estreita colaboración coas Nacións Unidas en varios proxectos.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A través da súa ensinanza e escritura, presentou a experiencia técnica, visión e movementos sociais ás novas xeracións. Traballou como membro de ISIS International desde 1998 a 2002, organización que traballa polos dereitos das mulleres a nivel internacional.[4] Posteriormente, uniuse Women and Gender Institute (WAGI, en galego Instituto das Mulleres e Xénero) como directora executiva da organización. A organización realizou varios cursos en liña sobre os dereitos das mulleres dende hai 3 anos.[3] Foi membro da Organización Development Alternatives for Women in a New Era (en galego, Alternativas de Desenvolvemento para Mulleres nunha Nova Era), abreviado como DAWN. Esta organización traballa para difundir as voces e as perspectivas das mulleres desde as rexións do sur global ao mundo. Traballou como coordinadora global da organización. A Nacións Unidas e DAWN traballaron xuntos na rexión de Asia-Pacífico baixo o liderado de Gigi. O traballo que fixeron foi publicado The Future The Asia Pacific Women Want (en galego, O futuro que queren as mulleres de Asia-Pacifico) en 2015.
Traballou como directora de departamento do Departamento de Relacións Internacionais en Miriam College, traballando para promover o liderado das mulleres.[2] Realizou importantes investigacións sobre pobreza, xénero, desenvolvemento e o movemento feminista.[1][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Josefa "Gigi" Francisco" (en inglés). 2015-11-25. Consultado o 2020-03-12.
- ↑ 2,0 2,1 "Josefa "Gigi" Francisco, In Remembrance". 24 de xullo de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Connecting the Global and the Local: Women's Human Rights Movements and the Critique of Globalization". WHRnet. Outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2021.
- ↑ "An Interview with DAWN's Global Coordinator, Gigi Francisco". WHRnet. 5 de xaneiro de 2009.
- ↑ Joanna Kerr, Ellen Sprenger, Alison Symington (2004). The Future of Women's Rights: Global Visions and Strategies. p. 69. ISBN 1842774581.