José Rivera Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rivera Álvarez
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata (122 anos)
Provincia de Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Rivera Álvarez, nado o 1 de xullo de 1901,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre na Arnoia. Afiliado a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. Foi detido e procesado con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934, e condenado a prisión no Penal de San Cristóbal de Pamplona. Amnistiado logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, regresou á Arnoia e reincorporouse ao seu posto de traballo. O seu regreso á estación de Ribadavia o 25 de febreiro de 1936 constituíu unha manifestación dos partidos de esquerda e das organizacións obreiras[2]. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e no proceso de depuración foi separado definitivamente do servizo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 50. 
  2. "Ribadavia. La vuelta de un amnistiado", El Pueblo Gallego, 4-3-1936, p. 11.