José Rey Busto
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José Rey Busto | |
---|---|
José Rey Busto, nado en Ortigueira cara a 1875, foi un enxeñeiro galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Rey Calvo e Ventura Busto. Fixo o Bacharelato na Coruña. Estudou na Academia de Artillaría e saíu como tenente en 1898 sendo destinado ao Rexemento 3º de Montaña.[1] Tenente de Artillaría destinado no Rexemento de Artillaría de Sitio (Segovia), foi dado de baixa no Exército e procesado por abandono de destino en 1901.[2] Enxeñeiro de camiños, canles e portos. Dirixiu a construción de varios ferrocarrís en Cuba. Dirixiu as obras do Metropolitano de Nova York.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Segovia con Araceli Pravio en 1899,[4] e foi pai de Alfredo e Margot Rey Pravio, que casou en 1926 con Felipe Hermida Pérez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Correspondencia Gallega, 26-5-1898, p. 2.
- ↑ Diario Oficial del Ministerio de la Guerra, 30-3-1901, p. 931.
- ↑ El Ideal Gallego, 26-1-1926, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 9-7-1899, p. 2,