José Rey-Alvite Feás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de agosto de 2016 ás 23:18 por 81.34.10.200 (conversa)

José Rey-Alvite Feás, tamén coñecido como Pepe Alvite e José Rey Feás, e alcumado Yersaef e Xan da Ulla, nado en Santiago de Compostela en 1919 e finado na mesma cidade o 14 de xuño de 1991[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria

Fillo do xornalista Jesús Rey Alvite e de Concepción Feás Mourelle, e irmán do tamén xornalista Jesús Alvite. Colaborou en diversos medios de comunicación. Dentro dos medios escritos, en El Pueblo Gallego, La Noche, La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Nos medios radiofónicos, colaborou na compostelá Radio Galicia, co alcume de Xan da Ulla[2]. Foi empregado da delegación territorial de Televisión Española en Galicia.

Unha rúa compostelá leva o nome Irmáns Rey Alvite en lembranza súa e do seu irmán Jesús.

Vida persoal

Casou con Leonor Martínez Vázquez, coa que tivo tres fillos: Jesús (nado en maio de 1948[3] e finado o 12 de outubro de 1984[4]) José Luis e Manuel Ángel.

Notas

  1. ABC, 15-6-1991, p. 49.
  2. El Pueblo Gallego, 15-10-1949, p.2.
  3. La Noche, 3-5-1948, p. 2.
  4. El Correo Gallego, 13-9-2009.

Véxase tamén

Ligazóns externas