José Eiroa Mosquera
Aparencia
(Redirección desde «José R. Eiroa Mosquera»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 9 de novembro de 1937 ![]() Ferrol, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
José Ricardo Eiroa Mosquera, nado en Ferrol cara a 1907 e finado no mesmo concello o 9 de novembro de 1937, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado da Constructora Naval. Foi presidente do Partido Republicano Radical Socialista de Ferrol. Foi redactor xefe da revista Maruxa, colaborou en El Pueblo Gallego e dirixiu o semanario Renovación. Foi secretario de Unión Republicana de Ferrol e asistiu ao Congreso do partido celebrado en Madrid en outubro de 1935.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa do seu sogro. Descuberto en marzo de 1937, foi detido e xulgado en Ferrol por rebelión militar con Alfonso de Cal Fernández, sendo condenado á pena de morte. Foi executado en Ferrol no Arsenal o 9 de novembro de 1937.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Libertad, 5-10-1935, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Suárez, Xosé Manuel (2003). República e Guerra Civil en Ferrol. Ferrol. pp. 199–201. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José Eiroa Mosquera na páxina web Nomes e Voces.