José Pérez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Pérez Fernández
Nacemento15 de febreiro de 1866
 Ortigueira
Falecemento19 de xaneiro de 1914
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

José Pérez Fernández, nado en San Clodio (Ortigueira) o 15 de febreiro de 1866 e finado en Bouzas o 19 de xaneiro de 1914, foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio en Compostela e foi nomeado mestre da escola de nenos da Capela en 1887, cesando en 1891 cando pasou á escola de Mugardos que deixou ese mesmo ano, pasando á de Castro. O 3 de xuño de 1896 foi nomeado por oposición Mestre en propiedade da escola elemental de nenos de Bouzas. Alí exerceu primeiro na escola do atrio, radicada no terreo en que foi levantada en 1946 a actual Casa Reitoral. Fixo unha grande labor entre os pais dos seus alumnos boucenses, evitando moitas veces que se enfrontasen cos traballos de mar aos 12 anos, o que lles impedía completar a súa educación escolar.

Presentou un recurso ante a Liga Marítima pedindo que se prohibise a pesca co bou e asesorou aos armadores pesqueiros de Bouzas.

En 1902 fundou e dirixiu o bisemanario El Eco de Bouzas. Foi poeta en galego.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Bouzas o 25 de abril de 1898 con María González Vázquez, coa que tivo catro fillos: María, Jesús, Pepita e Carmen.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]