José Mondelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaJosé Mondelo
Biografía
NacementoPeites Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata


José Mondelo, nado en Peites (Ribas de Sil), é un escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escritor atípico e iconoclasta, comezou na radio escribindo pequenos sketchs humorísticos en programa musicais.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa

Debutou na literatura galega co libro humorístico Un pequeno favor e outras historias de humor perverso.

«Conxunto de relatos que supón unha radical innovación no panorama literario galego do momento. O máis salientable do libro é o peculiar humor, a seriedade jardielponceliana, con que se aborda o absurdo, de escasos precedentes na nosa tradición literaria».                                                                                                                   (DICCIONARIO DA LITERATURA GALEGA VV.AA. - Ed. Galaxia)
«Construído a base de múltiples xogos de palabras e tópicos que o autor manipula para conseguir, cun humor sarcástico, a disección de determinados comportamentos sociais.  Un pequeno favor... aliméntase de estéticas moi heteroxéneas e utiliza estratexias novidosas no ámbito das letras galegas.»                                                              (A NARRATIVA GALEGA ACTUAL 1975-1984 - UNHA HISTORIA SOCIAL, por X. González-Millán - Edicións Xerais de Galicia)

En 1983 publicou a novela xuvenil Martín Coutinho en busca do sol.

«Martín Coutinho… é a primeira novela de aventuras escrita en galego. O estilo é directo, áxil, souril, o mesmo acontece cos diálogos e un humor lene percorre moitas das mellores páxinas».                                                                            (Xesús González Gómez – A NOSA TERRA núm. 252, 30-7-84)

A habilidade do autor para os diálogos será salientada en críticas de obras posteriores.


En 1989 aparece O ollo pecho e outras historias desagradables, libro que consta de cinco relatos:

Dous oníricos: Flamingo e A señorita R

Un de anticipación: Saída ao espazo exterior

Un histórico, que conta un proceso de autoengano ou autoxustificación: Historia breve dun home sen sorte

E a novela curta O ollo pecho.

«O ollo pecho é desde todos os pontos de vista unha novela das máis orixinais que se teñen escrito nas últimas décadas».                                                                                                                                                                  (Xosé Manuel Eyré – A NOSA TERRA núm. 386, 11-5-89)
«O ollo pecho é unha obra mestra pola linguaxe, pola técnica narrativa, pola descrición interna da personaxe principal e porque introduce o narrador, por primeira vez, unha conceición tráxica da vida na narrativa galega. (...) O ollo pecho e outras historias desagradables é un dos títulos narrativos galegos máis importantes dos últimos anos». (Joan Manuel Sotelo Casado – EL PROGRESO, 1989)
«A novela breve O ollo pecho é un dos mellores exemplos que se poden atopar de novela negra, (iconoclasta de escrita aceda e moi persoal, constrúe un discurso de estrutura case impecábel cun enxeñoso e acertado dominio da lingua, tanto de rexistros cultos como da xiria dos delincuentes urbanos)».                                                        (Historia da literatura en 5 tomos - Edicións A Nosa Terra)
«O ollo pecho é unha ácida noveleta negra, protagonizada por un mozo que se ve atrapado na súa propia circunstancia e inicia unha fuxida cara adiante que o leva ata un final de violencia témera e abouxadora. Un relato que consegue  crear un moi logrado clima de tensión crecente, de abafo irracional e asemade explicable polos acontecementos, cunha linguaxe áxil (...) e un dominio do fraseo e a semántica do slang hampón moi acabado. Todo o rupturismo antiheroico, todo o retrato contrasocial, toda iconoclastia ante o establecido, todo reflexo dunha estética do desencanto, toda descrición de posfracaso, en fin, toda escrita subversiva e orixinal que queira hoxe apórselle a iso que algúns deron en denominar Xeración dos Peixes xa estaba en O ollo pecho».                        (Armando Requeixo – A NOSA TERRA 31-3-2010)


En 2009 ve a luz O informe do empregado Mendes, libro de contos para rapaces que en realidade se move entre a burla e a parodia, máis ou menos evidente, dalgúns tópicos da literatura infantil.

En 2021 aparece Soamente unha vez, novela policial que presenta a orixinalidade de non basearse na intriga e no misterio, como é tradicional na maioría dos casos dentro do xénero, senón na labor dos funcionarios policiais, para os que un asasinato non deixa de ser unha vicisitude máis no curso do seu traballo cotián.

A crítica remarcou o excelente rexistro lingüístico da novela e o ritmo e a forza dos diálogos.


Teatro

José Mondelo foi un dos fundadores en Barcelona do grupo teatral Terceiro Andar, tal como se pode ler no seu blog (josemondelo-gal.blogspot.com).[2]

Para Terceiro Andar crearía a peza Un pequeno favor, que aparece no libro do mesmo título, logo representada por outros grupos.

En 1999 escribiu a obra Comedia, na que Javier Veiga se basearía para realizar a multipremiada curtametraxe Sálvame!

Obra en español[editar | editar a fonte]

Hay que matar a los padres (una propuesta razonada) (2004)

José Mondelo volve ao humor (dentro da literatura) con este libro que consta de tres relatos: dúas sátiras corrosivas, unha do mundo da tauromaquia (Algunas sugerencias para revitalizar la fiesta de los toros) e outra do mundo familiar (Hay que matar a los padres), e unha noveliña curta, Autorretrato, na que, feito incomún na literatura galaica, o protagonista é un xudeu galego descendente dos hebreos que poboaron Ourense.


En 2013 publicou Ni junio en París, novela erótica que fai un percorrido por diferentes niveis de sexo, desde o máis caseiro e convencional até o máis abxecto e criminal.

Os dous libros en español de José Mondelo, un polo seu humor cáustico, provocador e feroz, dunha incorrección política absoluta, e outro polo seu carácter ás veces sadiano e pola súa crueza narrativa abertamente pornográfica e inmoral, dificilmente atoparían cabida no embridado mundo editorial galego.

OBRA[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • «Comedia», na que se basea a curtametraxe «Sálvame!», galardoada con máis de cincuenta premios en festivais nacionais e internacionais.[6]

En castelán[editar | editar a fonte]


Nas obras publicadas nos anos 80 asinaba como JAM e estaban ilustradas por Anxo L. Baranga

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Mondelo – Akal". www.akal.com. Consultado o 2021-11-15. 
  2. "PODIÁMOLO DICIR ASÍ...". www.josemondelo-gal.blogspot.com. Consultado o 2024-04-21. 
  3. ""Un pequeno favor", de José Mondelo, no Centro Galego de Barcelona". vieiros.com. 
  4. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-11-15. 
  5. "Un policial diferente". La Voz de Galicia. 2022-05-06. Consultado o 2022-05-06. 
  6. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-11-15. 
  7. "Hay que matar a los padres. Una propuesta razonada - Akal". www.akal.com (en castelán). Consultado o 2021-11-15. 
  8. "Ni junio en París - Akal". www.akal.com (en castelán). Consultado o 2021-11-15.