José Mareque Santos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1871 Cádiz, España |
Morte | 24 de maio de 1937 (65 anos) Madrid, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
José Mareque Santos, nado en Cádiz o 14 de novembro de 1871 e finado en Madrid o 24 de maio de 1937, foi un político socialista español.
Foi pai de Ángel Mareque Cajaraville (nado en Santiago de Compostela en 1904 e finado en 1974 en Vigo), escultor, pintor, ilustrador e mestre de ourivería na Escola de Artes e Oficios de Vigo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou de carpinteiro en Santiago de Compostela onde foi promotor da Sociedade de Carpinteiros (1894) e militou no PSOE, do que foi presidente da agrupación local de Compostela dende 1898. Foi elixido deputado do PSOE pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Exposición: Ángel Mareque e a creación do taller de Ourivería na Escola de Artes e Oficios". Biblioteca da EMAO: O blog da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Consultado o 16 Febreiro 2023.