José Manuel Pérez Afonso
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, político |
José Manuel Pérez Afonso, nado en Lugo en 1979, é un músico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou maxisterio, especializándose en educación musical. Formou parte do dúo musical Iván y Josito, formado en 2001 e que levou o premio INJUVE 2008 á mellor creación moza no apartado de canción de autor. Militante de Podemos, foi membro da coordinadora de Lugonovo ata que a súa formación a abandonou en novembro de 2017.[1] En 2018 anunciou a súa candidatura á secretaria xeral de Podemos Galicia nas primarias [2] pero acabou integrando a candidatura de Antón Gómez-Reino.[3] Nas eleccións municipais de 2019 foi candidato á alcaldía de Lugo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Que está detrás da crise de Lugonovo" Arquivado 11 de maio de 2019 en Wayback Machine.. Sermos Galiza, 22 de novembro de 2017
- ↑ "Josito Pérez presentará a súa candidatura á secretaría xeral de Podemos Galicia". Galiciaé, 3 de outubro de 2018.
- ↑ "Gómez-Reino integra a Josito na candidatura a liderar Podemos Galicia". Lugo Xornal, 5 de outubro de 2018
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Manuel Pérez Afonso |