Antón Gómez-Reino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antón Gómez-Reino
(Tone Gómez-Reino) Por una PAC más justa. Tone Gómez-Reino..jpg
Nacemento7 de marzo de 1980
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antón Gómez-Reino Varela, nado como Antonio Gómez-Reino Varela e coñecido como Toné, nado na Coruña en 1980, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É técnico en saúde ambiental e activista social na Coruña. Foi un dos asinantes do Manifiesto Mover Ficha, que iniciou o movemento que callou en Podemos. Foi un dos impulsores da Marea Atlántica. En xaneiro de 2015 integrouse no equipo de Breogán Riobóo, primeiro secretario xeral do partido en Galicia.[1]

É deputado no Congreso dos Deputados dende 2016 (XI lexislatura). Encabezou a lista de En Marea pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2015 e nas de 2016, así como a lista de En Común-Unidas Podemos pola mesma circunscrición nos comicios de abril e de novembro de 2019.

É o secretario xeral de Podemos en Galicia desde outubro de 2018, cando gañou as eleccións primarias sobre Carolina Bescansa.[2]

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi elixido como candidato do Grupo Común da Esquerda para a presidencia da Xunta de Galicia, como líder da coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida, Anova e as mareas municipalistas.[3] A formación non obtivo ningún escano.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]