José Manuel Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel Costas
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Manuel Costas Estévez, nado en Vigo o 17 de novembro de 1966, é un empresario galego do sector da construción, que se atopa na lista das 70 persoas máis buscadas de Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro de profesión, comezou a traballar en Las Cinco Jotas, a empresa de fabricación de casas de madeira[1] que fundara o seu pai. Como xestor do grupo, foi creando máis empresas, dedicadas a distintos sectores, e pertencentes ao mesmo grupo empresarial. Parte do beneficio do grupo procedía da evasión fiscal[2], nunha rede na que se viron implicadas ata 200 outras empresas galegas. En 2010 foi detido, e o proceso xudicial que acabou coa súa condena a catro anos e nove meses de cárcere, estendeuse ata 2016 e repartiuse ata en cen procesos diferentes, con 83 sentenzas condenatorias. Por esa razón o seu irmán, Jacobo Costas, así como outras persoas vinculadas á súa administración, foron tamén condenadas e entraron en prisión. José Manuel Costas declarara que o obxectivo da rede era o pagamento de diñeiro a políticos por parte de empresas que recibían concesións e contratos de obra pública[3], mais non foi probado.

En xullo de 2016, cando Costas debía ingresar no cárcere da Lama, fuxiu e pasou a estar en paradoiro descoñecido. Chegou a figurar na lista das persoas máis buscadas de Europa, que xestiona a Europol[4]. En setembro de 2017, informacións non contrastadas publicadas pola prensa situábano en Xenebra[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gallego, 50 años, 1,77 m.: de carpintero a la lista de los más buscados por Europol. Noticias de España". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2018-03-27. 
  2. "Diez directivos de banca se enfrentan a cárcel por el fraude de las 5 Jotas". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-10-24. Consultado o 2018-03-27. 
  3. Atlántico. "José Manuel Costas: Las empresas pagaban a políticos'". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-03-27. 
  4. "Europe's most wanted". eumostwanted.eu (en inglés). Consultado o 2018-03-27. 
  5. "Britain and Europe's most wanted men on the run together". Sky News (en inglés). Consultado o 2018-03-27.