José Luis Pécker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Pécker
Nome completoJosé Luis Pécker Alberca
Nacemento30 de agosto de 1927
 Madrid
Falecemento20 de decembro de 2007
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresentador de televisión e xornalista
FillosBeatriz Pécker Pérez de Lama
PremiosPremio Ondas e Premio Ondas
editar datos en Wikidata ]

José Luís Pécker, nado en Madrid o 30 de agosto de 1927 e finado o 20 de decembro de 2007, foi un xornalista español. Foi pai da tamén xornalista Beatriz Pécker.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como locutor de radio, e ó longo dos anos 50 a súa voz fíxose popular desde as ondas da Cadena SER, onde colaboraba, entre outros moitos espazos, no concurso Un millón con casa y coche ou en Cabalgata de fin de semana o programa de Bobby Deglané, ó que logo substituíu á fronte do programa.

Pouco despois de que Televisión Española iniciase as súas emisións, incorporouse tamén ó Ente Público, no que, ó longo dos anos, dedicouse á presentación, sobre todo, de concursos como De 500 a 500.000, con Carmina Alonso e Isabel Bauzá, Las diez de últimas (1969), Cambie su suerte (1974) ou sobre todo Un millón para el mejor, á fronte do cal relevou, en 1969, a Joaquín Prat.

En 1969 colaborou con Andrés Pajares no lanzamento da canción humorística Un sillón para el peor.

Foi Premio Ondas en 1955 (Nacionais de Radio - Mellor locutor polo seu labor en Radio Madrid) e en 1958 (Nacionais de Radio - Mellor locutor polo seu labor na Cadena SER).

Faleceu o día 20 de decembro de 2007 ós 90 anos de idade

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]