José Luis Moreno-Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de marzo de 2015 ás 07:20 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)

José Luis Moreno-Ruiz, nado en Santander en 1953[1], é un escritor, tradutor e xornalista español.

Traxectoria

Novelista e poeta, traduciu ao castelán obras de Joseph Conrad, Jack London, G. K. Chesterton, Herman Melville, Robert Louis Stevenson entre outros[2]. Na década de 1980 e principios de 1990 presentou e dirixiu en Radio 3 de Radio Nacional de España o programa Rosa de Sanatorio[3][4], título homónimo ao do soneto de Valle-Inclán. No eido da música froito da colaboración con Javier Corcobado ven a luz os discos de Moreno-Ruiz títulados Retratos de Añil[5] (1994) e La Enfermería del Postre (1996) editados por Triquinoise. No ano 2004 publicou a novela Párpado amarillo y pálido, en setembro de 2007 comezou a publicar as súas achegas literarias na rede e no 2008 presentou a novela Pereda Cebú ambientada na súa cidade natal[6].


Obra [2]

Novelas

Relatos

Outros

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas