José Luis Carro Fernández-Valmayor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Carro Fernández-Valmayor
Nacemento9 de outubro de 1942
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

José Luis Carro Fernández-Valmayor, nado en Madrid o 9 de outubro de 1942, é un xurista e profesor galego. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e Profesor Emérito do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado, área de Dereito Administrativo

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia coruñesa, aínda que nado en Madrid, estuda Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, continuando estudos xurídicos tamén nas facultades de Dereito de Toulouse, Heidelberg e Boloña. Doutorouse en Dereito pola Universidade de Boloña co premio Vittorio Emanuele II á mellor tese doutoral da devandita Universidade, e foi investigador da Fundación alemá Alexander von Humboldt no Max-Planck-Institut de Dereito Público Comparado e Dereito Internacional.

É membro de numerosas sociedades xurídicas (entre elas da Real Academia Galega de xurisprudencia e Lexislación[1]; da Societas Iuris Publici Europaei de Göttingen, en Alemaña; da Asociación italo-española de Profesores de Dereito Administrativo; da Asociación Española de Profesores de Derecho Administrativo (AEPDA); do Consello de Catedráticos do Instituto Internacional de Estudos de Direito do Estado (Brasil); Presidente do Comité Científico do Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público (OIRESP); etc.). Así mesmo é membro dos consellos de redacción de numerosas revistas do ámbito xurídico (Revista de Estudios de la Administración Local, Revista de Administración Pública, Revista General de Derecho Administrativo, Anuario de Gobierno Local, Cuadernos de Derecho Local, Direito Regional e Local da Universidade do Minho, etc.).

Foi avaliador externo da Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva, da Agence Nationale de la Recherche de Francia e da Revista Diritto e Processo Amministrativo de Italia, así como de revistas españolas da súa área científica. Foi vogal do Comité Asesor do campo científico “Derecho” da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, así como membro de xurados avaliadores de premios de investigación e de comités organizadores de encontros e congresos científicos.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Entre outros galardóns e recoñecementos foi distinguido coa Cruz de Honor da Orden de San Raimundo de Peñafort.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]