Saltar ao contido

Tabarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Laurentino Lorenzo Álvarez»)
Modelo:BiografíaTabarra
Biografía
Nacemento11 de abril de 1871 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1923 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de prensa, caricaturista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJoaquina Fernández Barcia Editar o valor en Wikidata
FillosXaquín Lorenzo, Xurxo Lorenzo Fernández Editar o valor en Wikidata

BUSC: lorenzo-alvarez-jose-n-1875 Tebeosfera: lorenzo_alvarez_jose_laurentino
"En el baile nacional". Caricatura gañadora do segundo premio do certame de caricaturas de El Liberal

José Laurentino Lorenzo Álvarez, máis coñecido como Tabarra, nado en Ourense o 11 de abril de 1871 e finado na mesma cidade o 25 de novembro[1] de 1923, foi un caricaturista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1893), durante a súa época de estudante principiou a colaborar coa publicación satírica Café con Gotas, e tras dunha breve estada en Madrid publicou en Solidaridad, La Lucha, La República, El Liberal ou Barcelona Cómica. En 1903 gañou o segundo premio de caricaturas de El Liberal.[2] De ideas socialistas foi membro da Agrupación Socialista de Ourense, presentándose ás eleccións municipais de 1909 nunha coalición republicano-socialista. Escribiu os folletos políticos Nuestras Ideas e El Régimen Socialista. Foi o pai de Xaquín Lorenzo e Xurxo Lorenzo Fernández.

  1. González Pérez, Clodio (2003) Xaquín Lorenzo Fernández Xocas (1907-1989). Toxosoutos, p. 41
  2. González Pérez, Clodio "Xoaquín Lorenzo Fernández. Vida" Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Boletín da RAG 365 (2004) p. 176.