José Francisco Pedrosa Montenegro y Aguiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Francisco Pedrosa Montenegro y Aguiar
Nome completoJosé Francisco Pedrosa Montenegro y Aguiar
Nacemento1762
Lugar de nacementoGaldo
Falecemento1811
Lugar de falecementoIllas Canarias
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónbibliotecario
editar datos en Wikidata ]

José Francisco Pedrosa Montenegro e Aguiar nada en Galdo (Viveiro) en 1762 e finado no desterro nas Illas Canarias en 1811, foi un intelectual galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no convento de San Francisco de Viveiro e a partir de 1777 na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi colexial do Colexio de Fonseca a partir de 1783. Doutor en Leis e en Canons, realizou diversas substitucións de cátedras.

En 1792 foi proposto pola Universidade de Santiago ó Consello de Castela como bibliotecario maior, non sendo nomeado ata 1794. Como bibliotecario redactou diversos catálogos da Biblioteca da Universidade (de manuscritos, fondos xerais, libros prohibidos), conservados hoxe na súa maior parte no Arquivo da Universidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]