José Fondevila Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Fondevila Torres
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoRubín
Falecemento15 de xuño de 1957
Lugar de falecementoA Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

José Fondevila Torres, nado en Rubín (A Estrada) e finado na vila da Estrada o 15 de xuño de 1957, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño de Manuel Torres Agrelo, fillo da súa irmá Manuela. Foi emigrante en Cuba. Ao retornar nos anos vinte instalou un comercio na Estrada. Ao final da ditadura de Primo de Rivera pertenceu ao Somatén.[1] Da directiva do Centro de Emigrados da Estrada, foi un dos organizadores do Certame Escolar dos Pereiriños. Foi correspondente de El Sol.[2] Na asemblea constituriva do Centro Republicano da Estrada celebrada o 18 de maio de 1930, formou parte do Comité Provisional con José Otero Abelleira e Jesús Rivas Carollo, foi elixido vicepresidente da directiva presidida por José Pereiras Vidal,[3] e foi reelixido vicepresidente en febreiro de 1931.[4] O centro Republicano Estradense transformouse en xaneiro de 1933 en Comité do Partido Republicano Gallego e José Fondevila foi elixido presidente e vogal delegado no Comité provincial.[5] Nesa mesma reunión foi designado vogal da Comisión de propaganda pro-Autonomía de Galicia.[6] Militou en Acción Republicana,[7] e despois en Izquierda Republicana, da que foi nomeado vogal da directiva estradense presidida por Perfecto Porto Fraiz en marzo de 1935,[8] e pertenceu a última corporación republicana da Estrada. Finou na Estrada o 15 de xuño de 1957.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Josefa Mato Brea, finada en xuño de 1990,[10] e foi pai de María Josefa, María del Carmen e Manuela Fondevila Mato.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Emigrado, 31-12-1928, p. 3.
  2. El Emigrado, 7-6-1933, p. 4.
  3. A Estrada republicana (I)
  4. El Emigrado, 28-2-1931, p. 4.
  5. El País, 30-1-1933, p. 4.
  6. El Emigrado, 31-1-1933, p. 7.
  7. Tribuna, 6-8-1933, p. 3.
  8. El Pueblo Gallego, 15-3-1935, p. 12.
  9. Necrolóxica en Faro de Vigo, 16-6-1957, p. 3.
  10. La Voz de Galicia, 20-6-1990, p. 65.
  11. El Pueblo Gallego, 18-6-1936, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]