José Duarte Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Duarte Díaz
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 2010 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Duarte Díaz, coñecido como Nenó, nado en 1940 e finado en Ribadeo o 26 de xaneiro de 2010, foi un político e persoeiro popular en Ribadeo.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Dende a súa entrada en política como membro de Alianza Popular, ocupou diversos cargos a nivel municipal. Na corporación elixida en 1983 participou no goberno municipal de José Ramón Cociña García detentando a delegación de Incendios, alumeado e persoal. Na corporación elixida en 1995, baixo a alcaldía de José Carlos Rodríguez Andina, ocupou os cargos de Concelleiro Delegado de Tráfico e Seguridade Cidadá, así como Vocal da Comisión de Goberno e segundo Tenente de Alcalde, tralo falecemento de José Ramón Cociña, compañeiro naquel momento en Coalición Galega. Entre 1999 e 2003 forma parte do Grupo Popular no equipo de goberno, continuando coa mesma delegación e sendo nomeado Cuarto Tenente de Alcalde e membro da Xunta de Goberno Local.

No período 2003 - 2007 o seu grupo pasa á oposición, formando parte da vocalía de Comisións Informativas baixo o mandato de Balbino Pérez Vacas. Tralas eleccións municipais de 2007 continuou a formar parte da oposición baixo a presidencia de Fernando Suárez Barcia, participando en diversas Comisións Informativas e realizando actuacións como portavoz suplente do grupo popular.

Visión humana[editar | editar a fonte]

A popularidade de Nenó, como era coñecido popularmente, vén da recoñecida rectitude, nobreza e honradez, estimada tanto por compañeiros como por adversarios.

Outros apuntamentos biográficos[editar | editar a fonte]

Con anterioridade tíñase adicado á hostalería, rexendo o 'Bar Galicia' en Ribadeo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]