José Devesa Areosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Devesa Areosa
Pepiño Areosa por Camilo Díaz Baliño.jpg
Retrato feito por Camilo Díaz Baliño cando estiveron no cárcere de Santiago de Compostela.
Nacementoxullo de 1908
 Santiago de Compostela
Falecemento19 de agosto de 1936
 Cacheiras
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

José Modesto Isaac Devesa Areosa, coñecido como Pepiño Areosa, nado en Santiago de Compostela en xullo de 1908 e e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un empregado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou na armería familiar (Armería Areosa. Máquinas de Coser) na Rúa do Vilar, e despois no taller de mecánica do seu tio José. Militou en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente do Comité Executivo da Fronte Popular de Compostela. Detido e ingresado na prisión de Compostela, foi sacado da prisión a noite do 18 de agosto e paseado en Cacheiras (Teo). O seu cadáver apareceu xunto co de Ánxel Casal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. pp. 270–271. ISBN 84-8485-186-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]